Sala de Prensa

A CCA nos medios, recursos gráficos e contacto institucional

A CCA nos medios

Unha selección de informacións publicadas sobre a asociación e o comercio de A Magdalena. Os resumos son propios; o artigo completo pertence ao medio enlazado.

Diario de Ferrol ·

El CCA de Ferrol-A Magdalena celebra la buena acogida de su iniciativa ‘Festa do Comercio’

Balance da campaña de agosto, con accións de rúa e participación do comercio asociado.

Ferrol360 ·

Outlet en A Magdalena: la moda de invierno sale a la calle con precios irresistibles

Cobertura dunha xornada de outlet da CCA con prendas de inverno e actividade comercial nas rúas de A Magdalena.

La Voz de Galicia ·

Olegario Álvarez, presidente del comercio local de Ferrol: «Donde hay negocios en la calle, hay vida»

Entrevista sobre os retos do comercio local, as rebaixas e o papel dos negocios na vida do barrio.

Para coñecer a actividade da asociación, consulta tamén as campañas e eventos e o directorio de comercios.

Kit de prensa

Recursos gráficos e información institucional para medios de comunicación

Logo en cor

Logo oficial da CCA Ferrol A Magdalena en formato PNG con fondo transparente.

Descargar

Logo en branco

Versión en branco para uso sobre fondos escuros ou imaxes.

Descargar

Información institucional

Presentación da asociación, actividade e vías de contacto.

Coñecer a CCA

Sobre a CCA Ferrol A Magdalena

O Centro Comercial Aberto (CCA) Ferrol A Magdalena é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa e representa comercios do barrio histórico de A Magdalena en Ferrol (A Coruña).

A Magdalena é un espazo comercial aberto de referencia, nun entorno ilustrado único. A CCA traballa pola dinamización do comercio de proximidade, organizando campañas comerciais, representando aos comerciantes ante as administracións e promovendo o barrio como destino de compras.

Dirección: C/ Sol 143-145, 1º Izq., 15401 Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 981 36 40 36

Texto base para medios

A nova web de Ferrol Comercio reforza a presenza dixital da CCA Ferrol A Magdalena cun directorio bilingüe de comercios, servizos, hostalaría e profesionais do barrio histórico. O proxecto facilita que veciñanza, visitantes e medios localicen negocios asociados, consulten fichas actualizadas e descubran campañas ou eventos vinculados ao comercio de proximidade.

Para ampliar información, solicitar material gráfico ou contrastar datos institucionais, os medios poden contactar directamente coa asociación a través do teléfono e o correo oficiais.

Contacto de prensa

Para solicitar información, entrevistas ou material gráfico

cca@ferrolcomercio.es 981 36 40 36